Profesora Permanente Laboral do Departamento de Pedagogía e Didáctica na Universidade de Santiago de Compostela. Integrante do Grupo Galego de Estudos para a Formación e Inserción Laboral (GEFIL), do Seminario Permanente de Emocionalidade, Xéneros e Desenvolvemento Humano (EXDEHU) e do Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX, nas súas siglas en galego).
As liñas principais arredor das cales se desenvolve o seu traballo son as pedagogías feministas e a coeducación; a prevención do acoso sexual e por razón de xénero; a orientación sexual e identidade de xénero; a pedagogía feminista animal; a educación emocional; e as competencias docentes na Formación Profesional.
Participou en diversos proxectos de investigación internacionais, nacionais e autonómicos, e impartiu numerosas conferencias sobre os seus temas de estudo.
Ademais, recibiu o terceiro premio na modalidade de investigación da IX Edición dos premios á introdución da perspectiva de xénero na docencia e na investigación.