Universidad Vigo

Esther Martínez Figueira

Biografia

Esther Martínez Figueira

María-Esther Martínez-Figueira é Doutora en Ciencias da Educación pola Universidade de Vigo, na que actualmente traballa. É profesora Titular no Departamento de Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigación e desenvolve a súa labor na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte. A súa historia académica comeza co grao en Psicopedagoxía e Diplomatura en Educación Infantil pola Universidade de Santiago de Compostela. Esta formación permitiulle iniciar os seus estudos de Doutoramento na Universidade de Vigo, onde se doutorou en 2008 e que, desde entón, segue desenvolvendo a súa historia profesional. En canto á súa actividade docente, imparte as materias vinculadas ás Novas Tecnoloxías aplicadas á Educación. En relación coa súa actividade investigadora, as súas inquietudes móvense entre dous escenarios: as ensinanzas universitarias e non universitarias. En ambos casos, xiran en torno á tecnoloxía educativa, innovación tecnolóxica e educativa, inclusión socioeducativa, atención á diversidade, escola inclusiva, formación inicial e continua da profesión docente e prácticum. Forma parte dos grupos de investigación CIES (Colaboración e Innovación para a Equidade Educativa e Social) da Universidade de Vigo e do grupo GTEA (Globalización, Tecnoloxía, Educación e Aprendizaxe) da Universidade de Málaga. En canto á súa actividade xestora, foi vicedecana de Prácticum e Traballo Fin de Grao nos títulos de Educación Infantil e Primaria, así como coordinadora deste último título na Facultade mencionada e actualmente é secretaria de Departamento.

Ligazóns
Ir o contido