Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación. Profesor emérito da Universitat de Barcelona, onde foi catedrático de Medios Dixitais e Educación e director do Instituto de Investigación en Educación.

Liñas de investigación: Deseño de contornas multimedia de aprendizaxe e a Avaliación das aprendizaxes potenciada pola tecnoloxía. Ambas as liñas converxen en deseños semipresenciais e o uso de blockchain en Educación.

Foi Investigador principal do grupo LMI (Learning, Media & Social Interactions). Dirixiu máis de 20 proxectos internacionais I+D+I de alto orzamento nas liñas do deseño de contornas de aprendizaxe potenciada pola tecnoloxía e de Alfabetización e inclusión dixital. Foi un dos primeiros impulsores dos sistemas Multimedia en Educación (1988) e da implementación de contornas Blended Learning na universidade (1998).

Escribiu 35 libros e 186 artigos. Impartiu 275 conferencias en México, Chile, Brasil, España, Colombia, Perú, Costa Rica, Argentina, Estados Unidos de América, Bélxica, Italia, Canadá, Portugal, Guatemala e Alemaña. Foi profesor visitante nas Universidades de Guadalajara, Monterrey, Canterbury, Federal de Santa Catalina, Católica de Chile, El Salvador, Tecnológico de Monterrey, Calgary, entre outras, ademais de impartir 240 cursos en universidades e centros de profesores dos países citados.

Membro do comité científico dunha trintena de publicacións e de 99 congresos internacionais. En ResearchGate sitúase no 5% superior, que se eleva ao 1% na área de Formación do profesorado. En Academia sitúase no top 2%. Google Scholar calcula un índice h=47 e un índice i10=110.

 

Orcid | Scopus | Web of Science | Google Scholar | ResearchGate | LinkedIn | Grupo de investigación