Universidad Vigo

María del Pilar Ibáñez Cubillas (IP)

Biografia

María del Pilar Ibáñez Cubillas (IP)

Profesora Axudante Doutora adscrita ao Departamento de Didáctica e Organización Escolar da Universidade de Málaga. As súas liñas de investigación céntranse nas prácticas externas e prácticum, a tecnoloxía educativa, os ambientes e as comunidades virtuais, as redes sociais, o desenvolvemento profesional e a atención infantil temperá. Participou en 9 proxectos de investigación de convocatorias públicas europeas, nacionais e rexionais. Participou en máis de 59 congresos e xornadas (nacionais e internacionais), presentando publicacións en todos os casos; é autora de 56 capítulos de libro, 15 artigos, 3 reseñas e coordinou 2 monografías e 1 libro. Formou parte do comité coordinador e do comité avaliador en congresos e xornadas nacionais e internacionais. Forma parte do comité avaliador en máis de 10 revistas indexadas en Scopus. Traballou na creación da revista Journal for Educators, Teachers and Trainers como parte do equipo de producción (2011-2015) e, posteriormente, como Secretaria Técnica (desde 2016). Tamén é membro do Equipo Editorial da Revista Prácticum (2016) e Editora Asociada da Revista Campo Abierto (desde 2020). Realizou estancias de investigación en universidades nacionais e internacionais e obtivo a Beca de Colaboración do Ministerio de Educación en réxime competitivo. Colabora coa Agência de Avaliação e Acreditação do Ensino Superior (desde 2021) como avaliadora externa. Foi presidenta da Research and Development Community Enabling Teachers for Entrepreneurship Education RDC-ENTNEP-ED (2018-2021), e membro da Association for Teachers Education in Europe -ATEE- (desde 2018-2023) e da RedTICPraxis (2019).

Ligazóns
Ir o contido