Profesora Titular no área de Didáctica e Organización Escolar na Universidade de Vigo. As súas liñas de investigación céntranse nas prácticas externas, prácticum ou práctica preprofesional e na utilización didáctica dos recursos tecnolóxicos e dixitais (tanto na universidade como na ensinanza non universitaria ou na atención á diversidade).
Escribiu máis de 250 publicacións sobre estes temas, das que destacan 10 artigos indexados en JCR e 25 en Scopus, con 12 deles no cuartil Q1-Q2. Participou en 31 proxectos de investigación financiados en convocatorias competitivas internacionais, nacionais, autonómicas e provinciais, sendo investigadora principal en 5 deles. Colaborou activamente en redes de consolidación de investigación competitiva a nivel autonómico (TeL-Galicia e RINEF-CISOC), nacional (rede CIES e rede e-portfolio). Avaliadora do programa FORCYT e de institucións como o MICIN, a Axencia Andaluza do Coñecemento, a ACSUG e a Fundación para o coñecemento Madridmasd. Revisora de revistas JCR e Scopus. Miembro fundadora da rede REPPE, Asociación para o desenvolvemento do Prácticum e das Prácticas Externas, e codirectora da revista Practicum, editada por ela.
A súa docencia está vinculada á formación do profesorado non universitario nos títulos de grao e máster. Máis aló das universidades españolas, realizou estancias de investigación e docencia en Ecuador, Portugal e México, onde colabora na docencia de posgrao. Participa activamente na formación de mozos investigadores, dirixindo 13 tesis, 3 delas con premio extraordinario de doutorado. Codirixiu 3 contratos FPU e 2 contratos predoutorais da Xunta de Galicia. Docente, investigadora e membro da CAPD do Programa Interuniversitario de Doutoramento en Equidade e Innovación en Educación (UVigo, USC, UDC, UniOvi e UniCan). É IP no Grupo de Investigación CIES: Colaboración, Innovación e Investigación Para a Equidade Socioeducativa (UVigo) e membro do grupo GTEA – Globalización, Tecnoloxía, Educación e Aprendizaxe – (UMA). É directora do Departamento de Didáctica, Organización Escolar e MIDE e coordinadora do Prácticum no grao de Educación Infantil.