Universidad Vigo

Olalla García Fuentes

Biografia

Olalla García Fuentes

Doutora en Equidade e Innovación en Educación polas Universidades de Vigo, Santiago de Compostela, Oviedo, Cantabria e A Coruña (2023). Máster en Dificultades de Aprendizaxe e Procesos Cognitivos pola Universidade de Vigo (2017). Actualmente é profesora contratada nos Graos de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Social na Universidade de Vigo. É Tutora da Universidade Internacional de La Rioja e docente no Máster Universitario en Tecnoloxía Educativa da Universidade de Málaga e da Universidade Internacional de Andalucía; así como na Maestría en Educación mención en Educación Inclusiva pola Universidade de Casa Grande (Ecuador).  

As súas liñas de investigación e publicacións xiran ao redor da innovación a través das tecnoloxías educativas, o enfoque educativo STEAM, a robótica educativa e o uso das TIC no ámbito educativo. Participou como investigadora no proxecto “¿Qué estamos esquecendo na educación inclusiva?: unha investigación participativa que busca respostas á exclusión e á desigualdade en educación” (ID2019-108775RB-C41).  

Foi distinguida co Premio Extraordinario de Doutoramento pola Universidade de Vigo. Ademais, posúe experiencia na organización e supervisión de eventos e publicacións científicas relacionadas co Prácticum e as Prácticas externas.

Ligazóns
Ir o contido